Descrición: convocatoria de 2 bolsas de formación para persoas con titulación superior en Bioloxía ou Ciencias do Mar, para realizar actividades de investigación mariña no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA).
Requisitos:
- Titulación universitaria en Bioloxía ou Ciencias do Mar, obtida en 2022 ou posterior.
- Nacionalidade española, da UE ou residencia legal en España.
- Non ter desfrutado previamente dunha bolsa similar por máis de 5 meses.
- Certificado de Celga 4 ou equivalente.
- Non ter titulación de doutor/a nin estar matriculado nun programa de doutoramento.
- Permiso de conducir tipo B.
Lugar de realización:
- CIMA-Corón (Vilanova de Arousa) – Recursos mariños, dinámica de poboacións, ecosistemas mariños.
- CIMA-Ribadeo – Cultivo de fitoplancto, moluscos bivalvos, equinodermos.
Importe:
- 1.200 € brutos mensuais por bolsa.
- Total destinado: 57.600 € (repartido entre os anos 2025, 2026 e 2027).
Duración: 2 anos
Criterios de selección:
- Valoración de méritos (máx. 70 puntos):
- Expediente académico (nota media × 6).
- Formación complementaria (máx. 10 puntos).
- Coñecemento de idiomas (máx. 6 puntos).
- Entrevista persoal (máx. 30 puntos):
- Capacidade de resposta, motivación e iniciativa.
