Subvencións a confrarías de pescadores, federacións provinciais de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para a realización de investimentos no ano 2026 (FO027B/2026)

Prazo: ata o 16 de decembro de 2025

Descrición: axudas da Deputación da Coruña para investimentos no ano 2026 destinados a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento pesqueiro. Inclúe melloras en lonxas, equipamentos técnicos e sanitarios, modernización de procesos, frío industrial, adquisición de vehículos para actividades da confraría e obras de acondicionamento de locais.

Beneficiarios:

  • Confrarías de pescadores da provincia da Coruña.
  • Federacións provinciais de confrarías.
  • Agrupacións de mariscadoras e mariscadores sen ánimo de lucro.

Requisitos:

  • Entidade legalmente constituída e inscrita no rexistro público.
  • Cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Uso da lingua galega e linguaxe inclusiva nas accións subvencionadas.
  • Mantemento dos bens subvencionados: 5 anos para inmobles, 2 anos para equipamentos.
  • Licenzas e autorizacións preceptivas para obras ou instalacións.
  • Difusión do apoio da Deputación (logotipo en obras, vehículos rotulados, mención en redes sociais).

Investimentos subvencionables:

  • Equipamento técnico-sanitario en lonxas.
  • Equipamentos de oficina e informáticos.
  • Maquinaria, instalacións técnicas, mobiliario.
  • Frío industrial.
  • Vehículos novos (non segunda man) para vixilancia ou comercialización.
  • Obras de acondicionamento.

Contía da axuda:

  • Orzamento total: 150.000 € (pode modificarse).
  • Subvención mínima: 4.000 €.
  • Subvención máxima: 24.000 €.
  • Financiamento: entre o 20% e o 80% do gasto subvencionable.
  • Orzamento do proxecto: mínimo 20.000 € e máximo 30.000 €.
  • Compatibles con outras axudas, agás outras subvencións da Deputación (excepto programa FO027A).

Ámbito temporal:

  • Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
  • Xustificación ata o 31 de marzo de 2027 (ou 14 de maio se hai prórroga).

Ligazón: boletín oficial

gl_ESGL_ES