Axudas destinadas á dixitalización dos procesos empresariais galegos

  • Prazo: 21/01/2025 – 17/11/2025
  • Descrición: Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.
  • Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas de calquera sector da actividade económica.
  • Contía/orzamento: 3.000.000 €
  • Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ig300c

gl_ESGL_ES