Axudas e subvenciónspara o deporte náutico
noviembre 6 @ 12:00 - 13:00

🏢 Queres coñecer as oportunidades de financiamento dispoñibles para clubs náuticos, escolas deportivas, federacións e entidades vinculadas aos deportes de auga? Neste obradoiro práctico descubrirás as principais liñas de axuda autonómicas, estatais e europeas, aprenderás a preparar solicitudes con maiores garantías de éxito e coñecerás as claves para a correcta xestión e xustificación dos proxectos subvencionados.
📅 Data: Venres, 6 de Novembro
⏰ Hora: 12:00 h
💻 Modalidad: Online
📍 Oficina de Referencia: Vilagarcía
