A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciará na primavera deste ano a pavimentación da explanada do porto deportivo de Viveiro e a substitución das luminarias por dispositivos LED. Así llo trasladou o conselleiro, Alfonso Villares, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, á alcaldesa deste municipio, Mariña Gueimunde, nunha reunión de traballo, coa que a nova rexedora iniciou a rolda de contactos con outras administracións para atraer investimentos que permitan reactivar este municipio mariñao. Concretamente, o Goberno galego destina a estas dúas actuacións máis de 215.300 euros, que se distribúen do seguinte xeito: máis de 95.300 para a explanada e 120.000 para o proxecto eléctrico.
Xunta de Galicia