Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
·
Marta Gimenez
Plazo: 10/02/2025 ás 9:00 h – 30/04/2025 ás 14:00 h para a Liña A; 10/02/2025 ás 9:00 h – 31/10/2025 ás 14:00 h para as Liñas B e C
Descripción: Estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial (IA). As subvencións están dirixidas a tres tipoloxías de proxectos:
Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en IA.
Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/ou solucións comerciais baseadas en IA para mellorar a competitividade das empresas galegas, así como proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en IA.
Liña C: Proxectos de formación en IA en empresas de Galicia, co fin de mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da IA nas súas cadeas de valor.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas de calquera sector que teñan sede ou centro de traballo en Galicia e que realicen actividade económica. Non obstante, están excluídas aquelas dedicadas á produción primaria de produtos da pesca, acuicultura, agrícolas e gandeiros, así como sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014.
Requisitos adicionales:
As empresas solicitantes deben cumprir cos criterios establecidos nas bases reguladoras en canto a solvencia técnica e económica.
Os proxectos deben estar aliñados coas prioridades establecidas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e coas políticas de innovación e dixitalización da Unión Europea.
Cumprir coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Cuantía/presupuesto: As contías das axudas varían en función da liña de actuación e das características específicas de cada proxecto. As bases reguladoras detallan os límites máximos de subvención e os criterios de intensidade das axudas.