PE209F – Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas

Prazo: Ata o 23 de febreiro de 2026

Descrición:
A concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, no mar e nas praias.

Beneficiarios:
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, cooperativas do mar, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras. As entidades serán sen ánimo de lucro, e terán ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos principais:

  • Presentar un proxecto colectivo centrado na recollida de residuos ou arribazóns de algas que afecten aos bancos marisqueiros.
  • A participación activa de persoas pescadoras e mariscadoras é obrigatoria.
  • Cumprir as obrigas administrativas, contables e de xustificación establecidas na orde.
  • Manterse ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non ter pendentes obrigas por reintegro doutras subvencións.
  • Executar o proxecto no marco temporal e territorial establecido

Orzamento:
O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2026 e a plurianualidad asociada alcanza o importe dun millón douscentos setenta e cinco mil euros (1.275.000 euros)

Características da axuda:

  • Subvención para proxectos de protección ambiental e recuperación de ecosistemas mariños.
  • As actuacións deben centrarse na retirada de residuos mariños ou recollida de arribazóns de algas.
  • As entidades poden concorrer individualmente ou en agrupación.
  • Subvención sometida a concorrencia competitiva, valorándose segundo os criterios establecidos na orde.

Xustificación e pagamento:

  • A xustificación material e económica debe realizarse segundo os prazos e condicións da orde reguladora.
  • O pagamento está condicionado ao cumprimento completo do proxecto, así como das obrigas legais e administrativas.
  • A presentación das solicitudes farase por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.

Ligazón: ORDE do 23 de xaneiro de 2026

gl_ESGL_ES