Programa Pyme Innova 2025 – Cámara de Comercio da Coruña

  • Prazo: Ata o 31 de agosto de 2025 ás 14:00 h, ou ata o esgotamento do orzamento dispoñible.
  • Descrición: Axudas en especie dirixidas a impulsar a innovación nas pemes e persoas autónomas da demarcación cameral da Coruña. A convocatoria, no marco do Programa Pyme Innova 2025 e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ofrece un servizo de diagnóstico asistido que identifica as necesidades específicas de innovación e un plan de implementación personalizado. O programa estrutúrase en dúas fases:
    • Diagnóstico asistido de innovación: avaliación gratuíta da situación inicial e do potencial innovador.
    • Axuda económica en especie: asistencia técnica para poñer en marcha actuacións innovadoras concretas.
  • Beneficiarios: Pemes e persoas autónomas con domicilio fiscal nalgún dos concellos da demarcación da Cámara de Comercio da Coruña, e que estean dadas de alta no censo do IAE.
  • Requisitos:
    • Ter a consideración de peme ou autónomo segundo a normativa europea.
    • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    • Non ter sido beneficiario desta mesma axuda máis de dúas veces desde 2021.
    • Non atoparse en situación de crise segundo a definición da Comisión Europea.
    • Non desenvolver actividades económicas excluídas polo regulamento de minimis (sector primario, pesca e acuicultura, entre outros).
    • Dispoñer dunha páxina web operativa e ter vontade de aplicar cambios innovadores.
  • Contía/presuposto:Orzamento total: 78.400 €. Orzamento destinado ao diagnóstico: 24.800 € (asistencia técnica sen custo para o beneficiario). Orzamento destinado á axuda económica en especie: 53.600 €. Importe máximo por empresa: 2.680 € (equivalente ao 80 % do orzamento máximo por participación: 3.350 €)
  • Ligazón:detalle

gl_ESGL_ES