Prazo: ata o 16 de decembro de 2025
Descrición: axudas da Deputación da Coruña para investimentos no ano 2026 destinados a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento pesqueiro. Inclúe melloras en lonxas, equipamentos técnicos e sanitarios, modernización de procesos, frío industrial, adquisición de vehículos para actividades da confraría e obras de acondicionamento de locais.
Beneficiarios:
- Confrarías de pescadores da provincia da Coruña.
- Federacións provinciais de confrarías.
- Agrupacións de mariscadoras e mariscadores sen ánimo de lucro.
Requisitos:
- Entidade legalmente constituída e inscrita no rexistro público.
- Cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Uso da lingua galega e linguaxe inclusiva nas accións subvencionadas.
- Mantemento dos bens subvencionados: 5 anos para inmobles, 2 anos para equipamentos.
- Licenzas e autorizacións preceptivas para obras ou instalacións.
- Difusión do apoio da Deputación (logotipo en obras, vehículos rotulados, mención en redes sociais).
Investimentos subvencionables:
- Equipamento técnico-sanitario en lonxas.
- Equipamentos de oficina e informáticos.
- Maquinaria, instalacións técnicas, mobiliario.
- Frío industrial.
- Vehículos novos (non segunda man) para vixilancia ou comercialización.
- Obras de acondicionamento.
Contía da axuda:
- Orzamento total: 150.000 € (pode modificarse).
- Subvención mínima: 4.000 €.
- Subvención máxima: 24.000 €.
- Financiamento: entre o 20% e o 80% do gasto subvencionable.
- Orzamento do proxecto: mínimo 20.000 € e máximo 30.000 €.
- Compatibles con outras axudas, agás outras subvencións da Deputación (excepto programa FO027A).
Ámbito temporal:
- Gastos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
- Xustificación ata o 31 de marzo de 2027 (ou 14 de maio se hai prórroga).
Ligazón: boletín oficial
