WhatsApp Business para vender e fidelizar
🏢 Queres aproveitar todo o potencial de WhatsApp Business para mellorar a relación coa túa clientela? Neste obradoiro práctico aprenderás a crear un perfil profesional, xestionar catálogos de produtos e servizos, automatizar respostas, organizar contactos e empregar listas de difusión. Ademais, descubrirás como utilizar esta ferramenta para promocionar a túa actividade, captar novos clientes e fidelizar os actuais de forma sinxela e eficaz.
