Prazo: ata o 16 de outubro de 2025
Descrición: axudas para compensar a paralización temporal da actividade marisqueira desde embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de autorización da Confraría de Pescadores de Pontedeume, como medida de conservación.
Beneficiarios:
- Armadoras de embarcacións afectadas (concorrencia competitiva).
- Tripulantes das embarcacións afectadas (concorrencia non competitiva).
Requisitos:
Armadoras:
- Rexistro activo na frota pesqueira galega.
- Actividade mínima de 120 días nos anos 2023 e 2024.
- Porto base en Galicia.
- Permiso de explotación vixente para libre marisqueo ou zona VII.
- Suspensión de contratos da tripulación durante a parada.
Tripulantes:
- Enrolamento na embarcación afectada.
- Suspensión de contrato ou redución de xornada.
- Alta na Seguridade Social no momento da parada.
- Cotización mínima de 12 meses na vida laboral.
Contía da axuda:
Total dispoñible: 77.056 €
- Armadoras (PE406A): 51.456 €
- Tripulantes (PE406B): 25.600 €
Cálculo:
- Armadoras: fórmula → (prima custo fixo × GT + prima lucro cesante) × días de parada. Mínimo: 134 €/día
- Tripulantes: 50 €/día
Duración da parada subvencionable: do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2025