Axudas a proxectos de rexeneración para mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros (PE209H)

Prazo: ata o 02 de febreiro de 2026

Descrición: axudas da Consellería do Mar para proxectos de rexeneración que melloren a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e contribúan á xestión e conservación sustentable dos recursos mariños. Tramitadas como anticipadas de gasto, código PE209H.

Beneficiarios: confrarías de pescadores, organizacións de produtores, cooperativas do mar, asociacións de profesionais e demais entidades asociativas recoñecidas, titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e con sede en Galicia.

Requisitos principais:

  • Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
  • Manter contabilidade separada e conservar documentación durante 5 anos.
  • Non ter iniciado a actuación antes da solicitude.
  • Dar publicidade ao financiamento público.

Orzamento:

  • 300.000 € para 2026, con fondos propios da Xunta de Galicia.
  • Máximo por proxecto: 15.000 € (sen IVE); máximo por unidade de semente: 0,020 € (sen IVE).

Características da axuda:

  • Ata o 100 % do investimento subvencionable.
  • Subvencionables: adquisición de semente de especies marisqueiras de criadeiro, en zonas con perda de produción constatada.
  • Non subvencionables: alugamentos, adquisición de terreos, material de oficina, vestiario, gastos de funcionamento, IVE (salvo excepcións), custos indirectos, etc.

Xustificación e pagamento:

  • Gastos realizados e pagados entre a data da solicitude e o 31 de outubro de 2026.
  • Presentación obrigatoria por vía electrónica.
  • Posibilidade de anticipo de ata o 50 % da axuda, con garantía.

Ligazón: ORDE do 18 de decembro de 2025

gl_ESGL_ES