Descrición: O Concello de Vigo establece as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a fomentar a estabilidade laboral e a creación de emprego a través de tres programas:
Programa Indefinidos: Incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos.
Programa Contratacións: Incentivos para a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas.
Programa Mellora: Incentivos para a mellora da estabilidade laboral.
Beneficiarios: Poden solicitar esta subvención autónomos, empresas privadas, comunidades de bens, sociedades civís, cooperativas, sociedades laborais e emprendedores dados de alta no réxime especial de autónomos ou noutro réxime especial da Seguridade Social, sempre que estean empadroados en Vigo.
Non poden solicitalas grandes empresas (máis de 250 traballadores, cun volume de facturación anual superior a 50 millóns de euros ou cun activo total que supera os 43 millóns de euros), entidades sen ánimo de lucro nin persoas físicas non mencionadas anteriormente.
Requisitos adicionais:
O centro de traballo debe estar en Vigo.
A persoa traballadora debe estar empadroada en Vigo desde o 1 de xaneiro de 2024.
Cumprir coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Non ter axudas pendentes de xustificación do Concello de Vigo.
Contía/presuposto:
Programa Indefinidos: 50.000 euros.
Programa Contratacións: 40.000 euros.
Programa Mellora: 60.000 euros.
Contía por Persoa: 2.000 – 6.000 euros dependiendo da pertenza ou non a algún colectivo que incremente a contía base da axuda.