Axudas para apoiar iniciativas de emprendemento en Galicia (TR880A)
·
Marta Gimenez
Prazo: Do 8 de maio ao 7 de xuño de 2025
Descrición: Subvencións destinadas a apoiar a posta en marcha e consolidación de iniciativas de emprendemento, co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial galego e xerar emprego.
Beneficiarios:
Persoas traballadoras autónomas que inicien ou consoliden unha actividade económica en Galicia.
Pequenas e medianas empresas (pemes) que conten cun centro de traballo na comunidade autónoma galega.
Sociedades cooperativas, laborais e empresas de inserción.
Requisitos:
Estar dado de alta na actividade obxecto da subvención no momento da solicitude.
Non ter máis de 42 meses de antigüidade desde a data de alta na actividade económica.
Cumprir os criterios de viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto
Contía/presuposto: A contía máxima por persoa beneficiaria poderá acadar os 30.000 €, dependendo da puntuación obtida segundo os criterios da convocatoria. O orzamento total da convocatoria é de 9.000.000 €.