Axudas do Igape para a execución de proxectos de investimento empresarial cofinanciadas polo programa Feder Galicia 2021-2027 (IG408A)
·
Marta Gimenez
Prazo: Do 13 de maio ao 31 de xullo de 2025
Descrición: O obxectivo principal desta axuda é apoiar proxectos de investimento empresarial que melloren a competitividade das empresas galegas, tanto para a creación de novas instalacións como para a expansión, modernización ou diversificación da actividade. Estes investimentos deben estar vinculados á actividade produtiva, á xeración de emprego e á mellora da eficiencia, e poden incluír desde adquisición de maquinaria ata melloras en edificacións, instalacións técnicas ou sistemas dixitais.
Beneficiarios:
Pequenas, medianas e grandes empresas con centro de traballo en Galicia.
Os proxectos deberán estar localizados en Galicia e vinculados a unha actividade subvencionable segundo a CNAE.
Non poderán beneficiarse empresas en crise, nin aquelas que incumpran requisitos de responsabilidade tributaria ou coa Seguridade Social.
Requisitos:
O investimento mínimo subvencionable será de 50.000 €.
Os proxectos non poden estar iniciados antes da solicitude.
Deben manterse os activos durante un mínimo de 3 anos no caso de pequenas empresas (5 anos para medianas e grandes).
Contía/presuposto: A contía da axuda será dun 10 % a un 30 % do investimento subvencionable, dependendo do tamaño da empresa e do tipo de investimento. O investimento máximo subvencionable é de 900.000 € por proxecto.