Programa Pyme Sostible 2025 – Cámara de Comercio da Coruña

  • Prazo: Ata o 31 de agosto de 2025 ás 14:00 h, ou ata o esgotamento do orzamento dispoñible.
  • Descrición: Convocatoria de axudas económicas en especie no marco do Programa Pyme Sostible 2025, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O obxectivo é mellorar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental das pemes da demarcación da Cámara de Comercio da Coruña. A participación inclúe un servizo de diagnóstico gratuíto e personalizado da situación enerxética da peme e a elaboración dun plan de acción con medidas de mellora. A axuda económica consiste en financiamento en especie (sen desembolso por parte do beneficiario) para implantar esas medidas. O programa consta de dúas fases:
    • Diagnóstico de sustentabilidade: gratuíto para o beneficiario.
    • Axuda económica en especie: asistencia técnica valorada en ata 4.000 €.
  • Beneficiarios: Pemes e persoas autónomas con domicilio fiscal nalgún dos municipios da demarcación da Cámara de Comercio da Coruña, dadas de alta no censo do IAE.
  • Requisitos:
    • Ter a consideración de peme ou autónomo segundo normativa europea.
    • Non ter sido beneficiario do Programa Pyme Sostible máis de dúas veces desde 2021.
    • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    • Non atoparse en situación de crise conforme ao Regulamento (UE) nº 651/2014.
    • Non estar incluída nos sectores excluídos polo regulamento de minimis (pesca, acuicultura, etc.).
  • Contía/presuposto:Orzamento total: 68.000 €. Orzamento destinado ao diagnóstico: 8.000 €. Orzamento destinado á axuda económica en especie: 60.000 €. Axuda máxima por empresa: 4.000 €
  • Ligazón:detalle

gl_ESGL_ES