A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo o 19 de febreiro un encontro bilateral con representantes da Comisión Europea no que se abordou o grao de execución do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) en Galicia.
Durante a reunión, celebrada na Secretaría Xeral de Pesca en Madrid, a Xunta trasladou á Comisión Europea que Galicia superou ao peche de 2025 o obxectivo de execución marcado, conseguindo un 105 % do previsto, cun volume de gasto certificado próximo aos 65 millóns de euros, o que reflicte a capacidade da comunidade para mobilizar con eficacia os fondos europeos ao servizo do sector marítimo-pesqueiro.
Fonte: Consellería do Mar
