O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo a pasada semana unha reunión con representantes da Federación Galega de Embarcacións da Sétima Lista (Fegasel), no marco do contacto permanente da Consellería do Mar cos distintos segmentos do sector marítimo-pesqueiro.
Durante o encontro, Rosón trasladou a disposición da Xunta de Galicia a escoitar as inquietudes deste colectivo e a traballar, de maneira coordinada, para coñecer as súas necesidades, poñendo en valor o diálogo como ferramenta fundamental para avanzar en solucións compartidas.
A reunión serviu tamén para explorar vías de colaboración entre a Administración autonómica e Fegasel, co obxectivo de seguir impulsando unha xestión responsable e sostible da actividade vinculada ás embarcacións da sétima lista en Galicia.
Fonte: Consellería do Mar
