A Xunta reforza a súa aposta pola economía azul ampliando o período de financiamento dos GALP con 10,2 millóns de euros ata o 2029

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, asinou o pasado xoves 5 de febreiro as adendas aos convenios de colaboración cos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que permitirá estender o financiamento ao funcionamento destas entidades ata o 2029.

A Xunta mobilizará neste período de tempo un total de 10,2 millóns de euros, o que permitirá garantir a actividade destas entidades, que agrupan aos principais axentes económicos e sociais nos seus territorios, e encargadas de colaborar na tramitación dos apoios autonómicos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Unhas axudas enmarcadas no Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) 2021-2027 polo que, sinalou a responsable autonómica, esta firma “permitirá unha óptima execución dos recursos comunitarios”.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES