Axudas a proxectos colectivos para restauración da biodiversidade e ecosistemas mariños (PE209B)

Prazo: ata o 02 de febreiro de 2026.

Descrición: axudas da Consellería do Mar para proxectos colectivos, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables. Código PE209B.

Beneficiarios: confrarías de pescadores, organizacións de produtores, entidades asociativas do sector, federacións e entidades sen ánimo de lucro integradas polas anteriores, con sede en Galicia.

Requisitos principais:

  • Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
  • Manter rexistros contables independentes e conservar documentación durante 5 anos.
  • Non ter iniciado a actuación antes da solicitude.
  • Dar publicidade ao financiamento europeo e organizar xornada informativa.

Orzamento:

  • 1.900.000 € (2026: 1.000.000 €; 2027: 900.000 €).
  • Cofinanciamento: 70 % FEMPA, 30 % Xunta de Galicia.
  • Máximo por proxecto: 75.000 € (sen IVE).

Características da axuda:

  • Ata o 100 % do investimento subvencionable.
  • Subvencionables: restauración de biodiversidade, restauración de ecosistemas mariños, adquisición de equipos e material, contratación de servizos, adquisición de semente de especies autóctonas, labores de restauración realizadas por mariscadores asociados (ata 20 % do orzamento).
  • Non subvencionables: alugamentos, adquisición de terreos, material de oficina, vestiario, gastos de funcionamento, IVE (salvo excepcións), custos indirectos, etc.

Xustificación e pagamento:

  • Gastos realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 15 de setembro de 2027.
  • Presentación obrigatoria por vía electrónica.
  • Posibilidade de anticipo de ata o 50 % da axuda, con garantía.

Ligazón: ORDE do 16 de decembro de 2025

gl_ESGL_ES