Axudas a startups galegas

  • Prazo: 07/02/2025 – 30/09/2025
  • Descrición: Esta axuda diríxese a fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos nos que incorran desde o 1 de xaneiro de 2025.
  • Beneficiarios: Para acceder a estas axudas, as startups deberán cumprir, ademais, polo menos, unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:
    • Dispoñer da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.
    • Acreditar a cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).
    • Participar nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimatech, Turislab, Galicia Avanza).
    • Acreditar mediante certificado para o efecto emitido polo centro de orixe o carácter de Spin-off das universidades, dos centros de FP ou de centros tecnolóxicos.
    • Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
    • Dispoñer da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou nova empresa innovadora, respectivamente.
    • Dispoñer da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).
  • Contía/orzamento: 1.500.000 €
  • Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ig408g&ano=2025&numpub=1&lang=é
gl_ESGL_ES