Axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) para o ano 2025
·
Marta Gimenez
Prazo: 10/02/2025 – 10/03/2025
Descrición: Esta convocatoria ten por finalidade incrementar a capacidade innovadora das empresas beneficiarias mediante a introdución de innovacións significativas que reforcen a súa competitividade, aplicando deseño, xerando e incorporando coñecementos, tecnoloxías e innovacións para mellorar procesos e desenvolver produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido. Conta con dúas liñas de actuación:
Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.
Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.
Beneficiarios: As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2 e as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2.
Contía/orzamento:O orzamento total destinado ás axudas para o exercicio 2025 ascende a 4.000.000,00€ coa seguinte distribución plurianual:
Liña 1: 1.000.000 € no ano 2025 e 1.000.000 € no ano 2026.
Liña 2: 1.000.000 € no ano 2025 e 1.000.000 € no ano 2026.