Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (PE155C)

Prazo: ata o 19 de xaneiro de 2026

Descrición:
Axudas da Consellería do Mar para a preparación e aplicación dos Plans de Produción e Comercialización (PPeC) das Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP) e as súas asociacións (AOP), executados en 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Inclúe a posibilidade de solicitar anticipos do 25% do importe aprobado.

Beneficiarios:

OPP e AOP con ámbito exclusivo en Galicia, recoñecidas e inscritas no Rexistro regulado polo Real decreto 277/2016, de 24 de xuño

Requisitos principais:

  • Ter aprobado o PPeC e o informe anual correspondente ao ano 2025.
  • Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non ter sido sancionadas por infraccións graves na política pesqueira común.
  • Manter as condicións de elixibilidade durante toda a execución e nos 5 anos posteriores ao pagamento final.
  • Levar contabilidade separada e conservar a documentación durante 5 anos.
  • Presentar a solicitude e documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), código de procedemento PE155C.

Orzamento total:

  • 3.600.000 € (2025: 800.000 €; 2026: 2.800.000 €)
  • Cofinanciamento: 70% FEMPA, 30% Xunta de Galicia.

Características da axuda:

  • Subvención de ata o 75% dos custos elixibles (pode ser superior nalgúns casos).
  • O importe máximo non poderá superar o 12% do valor medio anual da produción comercializada nos tres anos anteriores.
  • O anticipo poderá ser do 25% do importe aprobado, sen necesidade de aval para entidades galegas.

Xustificación e pagamento:

  • Xustificación dos gastos ata o 31 de xaneiro de 2026 (para anticipos) e antes do 28 de febreiro de 2026 (para axuda ordinaria).
  • Presentación de informe anual, anexos e documentación xustificativa a través da aplicación OPPGA.
  • Só se aboarán gastos efectivamente realizados e xustificados.

Ligazón: Orde DOG, do 17 de decembro de 2025

gl_ESGL_ES