- Prazo: Ata o 30 de setembro de 2025 ás 14:00 horas
- Descrición: Esta convocatoria ten como obxectivo facilitar o acceso ao financiamento das pemes galegas mediante a concesión de reavais a través de convenios coas sociedades de garantía recíproca (SGR) e entidades de crédito adheridas. As liñas de actuación inclúen:
- Liña de préstamos para o crecemento das pemes – Reavais Crecemento.
- Liña de garantías vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos – Reavais Garantías.
- Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que necesiten financiamento para o seu crecemento ou para garantir operacións comerciais.
- Requisitos:
- Presentar unha solicitude a través das entidades financeiras ou SGR adheridas
- Cumprir cos requisitos establecidos nas bases reguladoras da convocatoria.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Contía/presuposto: A convocatoria conta cun orzamento total de 8.300.000 €, cofinanciado nun 60 % polo programa Galicia Feder 2021-2027.
- Ligazón:DOG 7 do 13/1/2025 – RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).