Axudas destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para promover as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles.


Prazo: 19/12/2024 – 18/01/2025 PECHADO
Descrición: Convocatoria para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitividade, de axudas que terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca para promover as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalmente sostibles.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias as persoas pescadoras tripulantes de buques pesqueiros que cumpran os seguintes requisitos: 
Estar enroladas nun buque con porto basee en Galicia.
Non estar en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.
Estar ao día no pago de obrigacións por reintegro de subvencións.
No marco do FEMP ou FEMPA, non ser declaradas culpables de cometer fraude.
Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Contía/orzamento: 100.000 € para a adquisición dun busque de pesca.
Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=pe119a

Orzamento total: 100.000 euros