Axudas municipais á contratación 2025

  • Prazo: 27/02/2025 – 11/07/2025
  • Descrición: O Concello de Vigo establece as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a fomentar a estabilidade laboral e a creación de emprego a través de tres programas:
    • Programa Indefinidos: Incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos.
    • Programa Contratacións: Incentivos para a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas.
    • Programa Mellora: Incentivos para a mellora da estabilidade laboral.
  • Beneficiarios: Poden solicitar esta subvención autónomos, empresas privadas, comunidades de bens, sociedades civís, cooperativas, sociedades laborais e emprendedores dados de alta no réxime especial de autónomos ou noutro réxime especial da Seguridade Social, sempre que estean empadroados en Vigo.
    • Non poden solicitalas grandes empresas (máis de 250 traballadores, cun volume de facturación anual superior a 50 millóns de euros ou cun activo total que supera os 43 millóns de euros), entidades sen ánimo de lucro nin persoas físicas non mencionadas anteriormente.
    • Requisitos adicionais:
      • O centro de traballo debe estar en Vigo.
      • A persoa traballadora debe estar empadroada en Vigo desde o 1 de xaneiro de 2024.
      • Cumprir coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
      • Non ter axudas pendentes de xustificación do Concello de Vigo.
  • Contía/presuposto:
    • Programa Indefinidos: 50.000 euros.
    • Programa Contratacións: 40.000 euros.
    • Programa Mellora: 60.000 euros.
    • Contía por Persoa: 2.000 – 6.000 euros dependiendo da pertenza ou non a algún colectivo que incremente a contía base da axuda.
  • Ligazón: detalle

gl_ESGL_ES