Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2025)
·
Marta Gimenez
Prazo: Ata o 30 de setembro de 2025 ás 14:00 horas
Descrición: Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar e incentivar accións de promoción exterior que melloren a competitividade das empresas galegas e reforcen a súa presenza nos mercados internacionais. As actuacións subvencionables inclúen:
Promoción internacional (feiras, eventos, misións comerciais).
Márketing e comunicación internacional.
Prospección en mercados internacionais.
Operatividade da internacionalización.
Dixitalización para a internacionalización.
Beneficiarios: Empresas, incluídos autónomos, que cumpran coa definición de peme e teñan un centro de traballo en Galicia con, polo menos, un traballador por conta allea na data de publicación das bases. Tamén startups con certificación de Enisa en vigor e empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade.
Requisitos:
Presentar un proxecto que se enmarque nas actuacións subvencionables descritas.
Cumprir cos requisitos establecidos nas bases reguladoras da convocatoria.
Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Contía/presuposto: A convocatoria conta cun orzamento total de 8.300.000 €, cofinanciado nun 60 % polo programa Galicia Feder 2021-2027.