Axudas para a execución de proxectos de cooperación interterritorial e transnacional dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) (PE155B)

  • Prazo: Ata o 19 de agosto de 2025
  • Descrición: A Consellería do Mar convoca axudas dirixidas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia para a execución de proxectos de cooperación interterritorial (entre GALP do territorio estatal) e transnacional (con GALP ou outros grupos costeiros doutros países da UE), no marco das súas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e co financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Os proxectos deben estar previstos nas EDLP aprobadas e contribuír ao obxectivo específico de fomentar unha economía azul sostible nas zonas pesqueiras e acuícolas, reforzando a colaboración, a aprendizaxe mutua e a innovación entre territorios.
  • Beneficiarios: Os GALP seleccionados pola Consellería do Mar conforme ao proceso de selección de EDLP no marco do FEMPA 2021-2027, que teñan convenio en vigor. Tamén poderán presentarse agrupacións de GALP, sempre que designen un representante con capacidade para actuar no nome do resto.
  • Requisitos:
    • Presentar proxectos incluídos na estratexia de desenvolvemento local do grupo solicitante.
    • Ter capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente.
    • Estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa normativa de subvencións.
  • Contía/presuposto:Orzamento total: Orzamento total: 750.000 €. Distribución: 350.000 € para o ano 2025 e 400.000 € para o 2026
  • Ligazón:Orde DOG Xoves, 3 de xullo de 2025

gl_ESGL_ES