Axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Ticket Innova para o ano 2025
·
Marta Gimenez
Prazo: 10/02/2025 – 30/09/2025
Descrición: Convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Ticket Innova para o ano 2025 con tramitación anticipada de gasto. Búscase incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.
Beneficiarios: Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia.
Contía/orzamento:O orzamento total destinado ás axudas para o exercicio 2025 ascende a 1.000.000,00€. Concederase unha axuda do 80%, ata un máximo de 48.000 €, para os gastos realizados no período subvencionable (entre 10.000€ e 60.000€).