Axudas para a primeira adquisición de buques de pesca (PE119A)

Prazo: ata o 05 de febreiro de 2026.

Descrición:
Axudas da Consellería do Mar, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para promover actividades pesqueiras sostibles, económicas, sociais e ambientalmente responsables. Código de procedemento PE119A.

Beneficiarios:
Persoas pescadoras tripulantes de buques pesqueiros con porto base en Galicia, que cumpran os requisitos establecidos.

Requisitos principais:

  • Estar enrolado/a nun buque con porto base en Galicia.
  • Non estar incurso/a en causas de inhabilitación ou prohibición para obter axudas públicas.
  • Estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
  • Non ter cometido infraccións graves en materia de pesca.
  • Non ter iniciado a actuación antes da solicitude.
  • Non ter máis de 40 anos no momento da solicitude.
  • Ter traballado polo menos cinco anos como pescador/a ou ter a titulación profesional esixida.
  • O buque debe cumprir requisitos técnicos e administrativos (menos de 24 metros de eslora, estar inscrito no rexistro, etc.).
  • Manter rexistros contables independentes e conservar documentación durante 5 anos.
  • Dar publicidade ao carácter público do financiamento europeo.

Orzamento:

  • 100.000 € para o ano 2026 (ampliable se hai crédito dispoñible).
  • Cofinanciamento: 70 % FEMPA, 30 % Xunta de Galicia.

Características da axuda:

  • Subvención de capital, non considerada axuda de Estado.
  • Máximo subvencionable: o menor valor entre o prezo de adquisición e a taxación pericial do buque.
  • Intensidade da axuda: 40 % do custo de adquisición.
  • Subvencionable: só o custo de adquisición do buque.
  • Non subvencionable: gastos de xestoría, rexistro, impostos recuperables, construcións ou importacións de buques, pagos en man ou mediante préstamos de entidades provedoras.

Xustificación e pagamento:

  • Xustificación material e documental ata o 30 de setembro de 2026.
  • Pago condicionado á realización íntegra do proxecto e cumprimento dos requisitos.
  • Presentación obrigatoria por vía electrónica.
  • O buque debe estar inscrito en situación de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.

Ligazón: ORDE do 10 de decembro de 2025

gl_ESGL_ES