Axudas para apoiar iniciativas de emprendemento en Galicia (TR880A)

  • Prazo: Do 8 de maio ao 7 de xuño de 2025
  • Descrición: Subvencións destinadas a apoiar a posta en marcha e consolidación de iniciativas de emprendemento, co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial galego e xerar emprego.
  • Beneficiarios:
    • Persoas traballadoras autónomas que inicien ou consoliden unha actividade económica en Galicia.
    • Pequenas e medianas empresas (pemes) que conten cun centro de traballo na comunidade autónoma galega.
    • Sociedades cooperativas, laborais e empresas de inserción.
  • Requisitos:
    • Estar dado de alta na actividade obxecto da subvención no momento da solicitude.
    • Non ter máis de 42 meses de antigüidade desde a data de alta na actividade económica.
    • Cumprir os criterios de viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto
  • Contía/presuposto: A contía máxima por persoa beneficiaria poderá acadar os 30.000 €, dependendo da puntuación obtida segundo os criterios da convocatoria. O orzamento total da convocatoria é de 9.000.000 €.
  • Ligazón: detalle

gl_ESGL_ES