Prazo: Ata o 30 de setembro de 2025 (ou ata esgotar o crédito dispoñible).
Descrición: Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para apoiar proxectos empresariais que impulsen medidas ambientais, sociais e de gobernanza (ASG). O obxectivo é fomentar prácticas sostibles, responsables e transparentes nas empresas galegas. Financiadas con fondos propios da Xunta de Galicia.
Beneficiarios:
- Empresas e autónomos con centro de traballo en Galicia.
- Quedan excluídas agrupacións sen personalidade xurídica, empresas con débedas pendentes ou que incumpran prazos de pagamento a provedores (para axudas >30.000 €),
Requisitos:
- Desenvolver proxectos que aborden un ou varios dos 18 obxectivos ASG (auditorías, eficiencia enerxética, ecodeseño, inclusión, ética empresarial, etc.).
- Manter os investimentos durante 3 anos.
- Cumprir coas obrigas contables, de publicidade e de xustificación.
Contía da axuda:
- Subvención do 80 % dos gastos subvencionables.
- Importe mínimo: 3.000 € por empresa.
- Subvención máxima: 60.000 € por empresa.
- Máximo 30.000 € para proxectos só de consultoría (15.000 € se se aborda un único obxectivo).
- Anticipo do 80 % da axuda tras concesión.
Conceptos subvencionables:
- Activos materiais e inmateriais (sensores, software, maquinaria ecoeficiente).
- Servizos de consultoría externa (ecodeseño, certificación B-CORP, responsabilidade social, etc.).
Período subvencionable: Do 1 de xaneiro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026.
Ligazón: Orde DOG do 28 de xullo de 2025