Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial para o ano 2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

  • Prazo:
    • Liña A: 10/02/2025 – 30/04/2025
    •  Liñas B e C : 10/02/2025 – 31/10/2025
  • Descrición: Convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial para o ano 2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
  • Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias das axudas as empresas de calquera sector galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción da produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura e a produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
  • Contía/orzamento: O orzamento total destinado ás axudas para o exercicio 2025 ascende a 10.279.167,00€ e coa seguinte distribución plurianual:
    • Liña A: 4.950.000 € no ano 2025 e 550.000 € no ano 2026.
    • Liña B: 3.150.000 € no ano 2025 e 350.000 € no ano 2026.
    • Liña C: 1.151.250,30 € no ano 2025 e 127.916,70 € no ano 2026.
  • Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codcons=ig&codProc=408A&gateway=true