Axudas pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do polbo 2025 (PE406G – PE406H)

  • Prazo: Ata o 26 de xuño de 2025
  • Descrición: A Consellería do Mar convoca estas axudas destinadas a compensar as perdas derivadas da paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do polbo (Octopus vulgaris) durante o mes de abril de 2025. Esta medida inscríbese no marco do plan experimental de xestión da pesqueira do polbo na campaña 2025/2026. As axudas están cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e nun 30 % pola Xunta de Galicia. As axudas establécense en dúas modalidades:
    • En réxime de concorrencia competitiva para persoas armadoras (procedemento PE406G).
    • En réxime non competitivo para persoas tripulantes (procedemento PE406H).
  • Beneficiarios:
    • Persoas armadoras de embarcacións autorizadas na modalidade de pesca con nasa para polbo.
    • Persoas tripulantes enroladas en embarcacións afectadas pola paralización, sempre que consten embarcadas durante o período establecido e cumpran os requisitos da orde.
  • Requisitos:
    • A embarcación debe contar con permiso para o uso da nasa para polbo e ter actividade no período de referencia.
    • As persoas tripulantes deben ter estado enroladas e cotizado durante o tempo mínimo que establecen as bases.
    • Non incorrer nas causas de exclusión sinaladas na orde.
  • Contía/presuposto: 4.000.000 €, distribuídos en:
    • 1.107.694,35 € para persoas armadoras (PE406G).
    • 2.892.305,65 € para persoas tripulantes (PE406H).
  • Ligazón: Orde DOG Luns, 26 de maio de 2025

gl_ESGL_ES