Axudas pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do xurelo stock JAX/08C, na frota de cerco e determinados buques de artes menores dependentes da dita especie, durante o 2024 (PE406E – PE406F)

  • Prazo: Ata o 26 de xuño de 2025
  • Descrición: A Consellería do Mar convoca estas axudas para compensar as perdas derivadas da paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do xurelo (Trachurus trachurus), stock JAX/08C, durante o ano 2024. A medida afecta á frota de cerco e a determinados buques de artes menores dependentes desta especie. Estas axudas están cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e ao 30 % pola Comunidade Autónoma de Galicia. As axudas establécense en dúas modalidades:
    • En réxime de concorrencia competitiva para persoas armadoras (procedemento PE406E).
    • En réxime non competitivo para persoas tripulantes (procedemento PE406F).
  • Beneficiarios:
    • Persoas armadoras de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do xurelo.
    • Persoas tripulantes enroladas nas embarcacións afectadas durante o período de paralización.
  • Requisitos:
    • As embarcacións deben ter realizado unha actividade pesqueira mínima durante o período de referencia.
    • As persoas tripulantes deben estar enroladas nas embarcacións afectadas e cumprir cos requisitos establecidos na orde.
    • Non incorrer nas causas de exclusión sinaladas na orde.
  • Contía/presuposto: 2.967.662,05 €, distribuídos en:
    • 1.520.062,05 € para persoas armadoras (PE406E).
    • 1.447.600 € para persoas tripulantes (PE406F).
  • Ligazón: Orde DOG Luns, 26 de maio de 2025

gl_ESGL_ES