Bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas e anúnciase a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto

  • Prazo: 29/01/2024 – 03/03/2025
  • Descrición: Establecer as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipo inherentes á actividade empresarial que están a desenvolver as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/o servizos, e convocar as correspondentes ao ano 2025.
  • Beneficiarios: Pequenas empresas situadas en zonas rurais de Galicia, constituídas antes do 1 de setembro de 2024.
    • Considérase pequena empresa aquela que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
    • Tamén poden beneficiarse persoas físicas que residan nunha zona rural e estean dadas de alta como autónomos antes do 1 de setembro de 2024.
  • Contía/orzamento: A contía global da convocatoria é de 1.700.000 €
  • Ligazón: detalle