Bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e procédese á súa convocatoria para o ano 2025
·
Marta Gimenez
Prazo: 24/01/2024 – 30/09/2025
Descrición: As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa común e entidades sen ánimo de lucro, e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destas persoas no ámbito empresarial. Incentivase a contratación por conta allea dos seguintes colectivos vulnerables:
Persoa nova
Muller
Persoa parada de longa duración
Persoa de 52 anos ou máis
Persoa emigrante retornada
Persoa estranxeira
Mujeres en ocupacións masculinizadas
Persoas con discapacidade
Persoas en risco de exclusión social
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten a persoas traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo con os requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser entidades beneficiarias dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.