Bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e realízase a súa convocatoria para o ano 2025

  • Prazo: 17/01/2025 – 30/09/2025
  • Descrición: Incentivar a contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
    • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
    • Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
  • Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
  • Contía/orzamento: 1.350.000,00€
  • Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR349F