«Se o peixe ten mercurio, tamén ten o antídoto: o selenio». Con esta afirmación, o cardiólogo Guillermo Aldama desmontaba este venres uno dos grandes mitos que seguen pesando sobre o consumo de peixe. Fíxoo na XI edición das Xornadas Internacionais de Pesca sobre Grandes Migradores organizadas por Orpagu na Guarda, un encontro que nesta ocasión puxo o foco no peixe como fonte de saúde e cultura gastronómica.
Aldama, membro da Sociedade Española de Cardioloxía, pediu revisar os criterios actuais e advertiu que recomendacións como as restricións por mercurio baséanse en datos desactualizados: «The Lancet xa sinalou en 2007 a necesidade de revisar esas directrices. O peixe non só non prexudica o desenvolvemento cognitivo: é esencial para a saúde cardiovascular, cerebral e global».
Faro de Vigo
Expertos receitan «todo o peixe posible» para gañar en saúde