FOEXGA – Fomento das Exportacións Galegas 2025 (IG422B)
·
Marta Gimenez
Prazo: Ata o 31 de outubro de 2025 ás 14:00 h
Descrición: O obxectivo principal destas axudas é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. O Igape publicará na súa páxina web a relación actualizada das entidades colaboradoras adheridas ao programa, que serán as encargadas de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes. As actuacións que engloban están dirixidas a:
Aumentar a base de empresas exportadoras.
Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Beneficiarios: Empresas que cumpran os seguintes requisitos:
Cumprir cos criterios de definición de peme.
Ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.
Estar dadas de alta no imposto de actividades económicas no momento da solicitude.
Requisitos:
As actuacións deben estar aliñadas coas políticas e estratexias en materia de internacionalización.
As entidades solicitantes deben estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
As empresas deben participar nas actuacións programadas polas entidades colaboradoras adheridas ao programa.de Formación correspondente.
Contía/presuposto: Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, baixo o réxime de minimis. Programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento FEDER do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.