Liña ICO MRR Empresas e Emprendedores

  • Prazo: 14/01/2025 – 01/06/2026
  • Descrición: A Liña ICO MRR Empresas e Emprendedores é un dos instrumentos de financiamento que desprega o ICO na segunda fase do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para canalizar financiamento dos Fondos Next Generation EU ás empresas. A Liña proporcionará financiamento para a realización de proxectos de investimento viables, prestando especial atención aos autónomos e as pemes e ás Universidades públicas e privadas.
  • Beneficiarios:
    • Empresas privadas con interese español e autónomos en xeral.
    • Empresas privadas con interese español ou autónomos do sector turismo que estean dados de alta dentro de certos CNAE de actividade link aos sectores.
    • Universidades españolas, públicas ou privadas, para o tramo PERTE de Nova Economía da Lingua (NEL).
  • Contía/orzamento: Ata o 100% dos custos do proxecto de investimento (excluído IVE ou imposto análogo).
  • Ligazón: detalle