A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o 13 de febreiro o porto de Mirasol (Ribadeo), que participa na auditoría que a sociedade público-privada Recursos de Galicia, en colaboración coa Xunta, está a levar a cabo entre empresas e entidades nos 122 portos autonómicos e nos polígonos galegos para coñecer o potencial de implantar sistemas de enerxía renovables que faciliten o aforro e o autoconsumo. Villaverde destacou a importancia da iniciativa (á que animou a sumarse a empresas, clubs náuticos e confrarías), para avanzar na transición enerxética e a descarbonización da actividade económica vinculada ao mar.
Fonte: La voz de Galicia
