Marta Villaverde e Anfaco abordan os principais retos da industria conserveira

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantivo o venres 18 de xullo un encontro institucional coa xunta directiva da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe (Anfaco-Cytma), no que abordaron os principais retos que debe afrontar a industria conserveira de Galicia. Neste senso, destacaron a importancia de que o etiquetado dos produtos veganos de imitación respecte a composición do produto en aras de non xerar confusión e descoñecemento aos consumidores.

Esta acción complementaría, segundo apuntou, a norma aprobada en xuño pola Xunta de Galicia que regula as conservas artesanais de Galicia, e que pon o foco na esencialidade do proceso produtivo, garantindo a seguridade alimentaria e a sustentabilidade na práctica.

Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES