Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (PE155D)

Prazo: Ata o 11 de agosto de 2025.

Descrición: Axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027 (código de procedemento PE155D), destinadas á consolidación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP), recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios: Organizacións de produtores pesqueiros e as súas asociacións, recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, cumprindo as seguintes condicións:

  • Estaren inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros regulados no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificado posteriormente polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
  • Non teren recibido nos primeiros cinco (5) anos desde o seu recoñecemento o total das axudas para a creación de organizacións profesionais, que se establecen no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro.

A axuda limítase á consolidación das ditas OPP ou AOP para aquelas anualidades que lles correspondan, respectando en todo caso o límite máximo dos cinco (5) anos posteriores á súa creación.

Requisitos:

  • Ter presentados e aprobados os plans de produción e comercialización (PPeC).
  • Estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.
  • Non ter sido declaradas culpables de fraude nin cometer infraccións graves no marco da política pesqueira común.
  • Manter as condicións de elixibilidade durante toda a execución da operación e nos cinco anos posteriores ao pagamento final.
  • Levar contabilidade separada e conservar a documentación durante 5 anos

Orzamento total: 400.000 €, cunha distribución de 300.000 € para entidades sen ánimo de lucro e 100.000 euros para entidades con ánimo de lucro. A axuda cubrirá ata o 75 % dos gastos de xestión durante os cinco anos seguintes ao recoñecemento da entidade.

O importe máximo anual por entidade non poderá superar o 1 % da media do valor da produción comercializada nos tres anos anteriores, cun tope de 100.000 € por ano.

Ligazón: Orde DOG Mércores, 9 de xullo de 2025

gl_ESGL_ES