- Prazo: Ata o 30 de setembro de 2025 ou ata o esgotamento dos fondos
- Descrición: O obxectivo desta convocatoria é fomentar a adquisición de vehículos novos máis eficientes enerxeticamente e con menores emisións de CO₂, substituíndo vehículos antigos e contaminantes. As actuacións subvencionables inclúen:
- Adquisición de vehículos novos M1 (turismos) e N1 (furgonetas) con emisións reducidas de CO₂.
- Achatarramento do vehículo antigo que se substitúe.
- Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias:
- Persoas físicas con residencia habitual en Galicia.
- Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
- Requisitos:
- Adquirir un vehículo novo que cumpra os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
- Achatarrar un vehículo antigo, segundo os criterios establecidos na convocatoria.
- Realizar a adquisición e o achatarramento entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025.
- Presentar a solicitude a través dunha entidade colaboradora adherida ao programa.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Contía/presuposto: O orzamento total asignado á convocatoria é de 3.175.180 €, distribuído do seguinte xeitor:
- 2.925.180 € para persoas físicas.
- 250.000 € para autónomos e empresas.
- Ligazón:DOG 245 do 20/12/2024 – RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2025 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).