Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas
·
Marta Gimenez
Prazo: 24/01/2025 – 30/09/2025
Descrición: A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca axudas destinadas a incentivar a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas por parte de traballadores autónomos ou profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. Ademais, inclúe un bono de formación opcional para mellorar as competencias das persoas contratadas.
Beneficiarios: Poderán acceder a estas axudas as persoas traballadoras autónomas ou profesionais que realicen ata tres contratacións indefinidas iniciais. Quedan excluídas as sociedades civís, comunidades de bens e persoas autónomas colaboradoras.
Requisitos adicionais:
As contratacións deben ser indefinidas e iniciais.
As persoas contratadas deben estar desempregadas previamente.
As persoas contratadas non deben ter relación de parentesco ata o segundo grao co empregador.
As persoas contratadas non deben ter traballado para o empregador nos últimos 24 meses.
Contía/presuposto:
Bono de contratación: A contía da axuda varía segundo as características da persoa contratada, oscilando entre 4.000 e 10.000 euros.
Bono de formación (opcional): Ata 4.000 euros por persoa contratada para accións formativas relacionadas co posto de traballo.