Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento para persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas (código de procedemento TR880A)
·
Marta Gimenez
Prazo:Do 21 de maio ao 30 de xuño de 2025, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible
Descrición: Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar iniciativas de emprendemento promovidas por persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e sociedades laborais que se constitúan ou dean de alta e inicien a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude. As actuacións subvencionables inclúen:
Equipamento informático.
Activos intanxibles.
Investimentos en eficiencia enerxética.
Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
Gastos notariais e/ou rexistrais (ata 330 €).
Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade (ata 1.500 €, ou 1.650 € no caso de proxectos de remuda).
Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
A intensidade da axuda varía en función do investimento realizado: Investimentos entre 5.000 € e 20.000 €: 55 %. Investimentos entre 20.001 € e 30.000 €: 50 %. Investimentos entre 30.001 € e 60.000 €: 45 %.
Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e sociedades laborais que se constitúan ou dean de alta e inicien a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude, e que teñan o domicilio fiscal en Galicia.
Requisitos:
Ter o domicilio fiscal en Galicia.
Ter iniciado a actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social
Non ter sido sancionadas coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Non ter obtido resolución favorable en convocatorias anteriores similares.
Contía/presuposto: O orzamento total asignado á convocatoria é de 6.700.000 €, distribuído en: