Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2025 (código de procedemento IN417Y)
·
Marta Gimenez
Prazo: Ata o 15 de setembro de 2026
Descrición: Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. As actuacións subvencionables inclúen:
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PAPEME).
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas (PAGE).
Proxectos que reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro en, polo menos, un 30 % (PAE).
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP).
Beneficiarios: Empresas legalmente constituídas, incluídas pemes e grandes empresas, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia. Tamén poderán ser beneficiarias as entidades públicas no caso de proxectos de eficiencia enerxética en infraestruturas públicas.
Requisitos:
Os proxectos deben realizarse dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 15.000 euros por actuación (IVE non incluído).
As actuacións deben levar asociado un aforro enerxético mínimo requirido para cada proxecto segundo o indicado nas bases reguladoras
Cumprir co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH).
Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Contía/presuposto: A intensidade da axuda varía en función do tipo de proxecto e do tamaño da empresa, conforme ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014. O orzamento total asignado á convocatoria é de 7.500.000 €, distribuído en varias partidas orzamentarias para os anos 2025 e 2026.