Villaverde defende en Bruxelas o papel da pesca e a acuicultura como piar da seguridade alimentaria europea

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o pasado 29 de xaneiro en Bruxelas na conferencia internacional “A contribución da pesca e a acuicultura á seguridade alimentaria”, un encontro no que defendeu o papel estratéxico dos alimentos azuis na garantía dun sistema alimentario europeo máis sostible, resiliente e saudable.

Durante a súa intervención, Villaverde subliñou que a pesca e a acuicultura achegan alimentos de alto valor nutricional, cunha pegada ambiental reducida e cunha capacidade clave para asegurar a subministración de proteína de calidade á cidadanía europea. Neste sentido, lembrou que o peixe é un compoñente esencial dunha dieta equilibrada, ao ser unha fonte fundamental de proteínas de alta calidade, ácidos graxos omega-3, vitaminas e minerais, con beneficios demostrados para a saúde e a prevención de enfermidades.

FONTE: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES