Vigo convértese en «epicentro da industria atunera internacional» coa XII World Tuna Conference

Vigo convértese no «epicentro da industria atunera internacional» coa XII World Tuna Conference. Así o explicou o presidente da patronal conserveira Anfaco-Cytma, Iván Alonso-Jáudenes, durante o acto de inauguración que tivo lugar esta mañá no auditorio de Afundación. O evento reunirá ata mañá a máis de 350 profesionais dos principais produtores e comercializadores de máis de 30 países de Europa, América, Asia, África e Oceanía.

Ademais da conferencia maxistral do Dr. NickRalston, investigador da Universidade de Dakota do Norte que xa explicou nas páxinas de FARO o papel protector do selenio fronte ao mercurio no consumo de peixe, o evento olívico contou nesta primeira xornada cunha serie de paneis centrados na situación das pesqueiras, as novas formas de dar valor engadido ao atún, a dimensión social do sector ou a parte empresarial e tecnolóxica.

Fonte: Faro de Vigo

Vigo convértese en «epicentro da industria atunera internacional» coa XII World Tuna Conference

gl_ESGL_ES